Previsión meteorolóxica diaria
Información meteorolóxica local para axudarche a gozar do Xeoparque antes de comezar a túa aventura.
Esta sección ofrece unha previsión meteorolóxica local, elaborada por José Manuel Sierra Pernas (Chema de Couzadoiro), xeógrafo e agricultor local, con información específica para o Xeoparque de Cabo Ortegal.
Trátase dun recurso deseñado para visitantes e amantes da natureza que desexen planificar a súa viaxe con información fiable, actualizada e adaptada ás características da zona.
Martes 10 de novembro
Continuamos con situación moi semellante, a borrasca atlántica continua aportando inestabilidade traducida en precipitacións que chegan nas horas centrais do día, remitindo có avance da tarde e na noite. As temperaturas descenden lixeiramente e os ventos do sur/suroeste moderados. No mar peor na zona atlántica con vento e algo de mar de fondo, nada significativo. […]
Ver previsión [+]Luns 9 de novembro
Comezamos semana baixo a influencia das baixas presións, unha profunda borrasca situada o norte das azores promete dar auga nas vindeiras xornadas, para a nosa rexión será de forma moderada, non choverá moito pero si irá mollando moi ben e preparando o terreo para maiores cantidades. Toca xornada de chuvascos , máis frecuentes e intensos […]
Ver previsión [+]Domingo 8 de novembro
Toca xornada de nubes e claros coa posibilidade dalgún chuvasco de pouca importancia, os ventos serán do sueste aumentando de intensidade durante a tarde e noite, notándose máis na zona costeira atlántica. As temperaturas mínimas soben e as máximas sen grandes cambios. No mar irá aumentando o vento empeorando algo a situación, nada destacado. Na […]
Ver previsión [+]Sábado 7 de novembro
Teremos un sábado de ceos máis cubertos na mañá e aínda coa posibilidade dalgunha chuvieira de escasa importancia. As temperaturas mínimas soben bastante, xa sen moito frío a primeiras horas, e as máximas tamén soben pero menos notable. Os ventos serán do sueste frouxiños e no mar a situación segue tranquila. Parece que por fin […]
Ver previsión [+]Venres 6 de novembro
Comezamos con frío e nubes altas que irán en aumento co paso do día ata chegar a choiva durante a noite. As temperaturas mínimas baixan e as máximas soben, os ventos frouxiños do sueste. No mar continuamos con tranquilidade. Na fin de semana aumenta a inestabilidade con algunha precipitación, sábado durante o día non creo […]
Ver previsión [+]Xoves 5 de novembro
Continuamos con situación semellante, nubes e claros con momentos mais cubertos e sen descartar 4 gotas. As temperaturas mínimas descenden, con frío a primeiras horas e as máximas sen grandes cambios. Ventos frouxos ou en calma. No mar toca tranquilidade, sen nada de vento nin mar de fondo. Venres teremos algo máis de sol na […]
Ver previsión [+]Mércores 4 de novembro
Situación semellante a tarde da xornada anterior, nubes e claros e posibilidade dalgún chuvasco ocasional. Ventos do nordeste perdendo intensidade e quedando en calma a derradeiras horas, as temperaturas en descenso. No mar tranquilidade, o vento moito a menos. Xoves e venres volve a tranquilidade, con bastante frío nas noites e mañás. O sábado chegan […]
Ver previsión [+]Martes 3 de novembro
A seca continúa, o vento do nordeste destes días agrava a situación. Parece que dende venres teremos unhas xornadas con choiva e incluso con frontes activas que reguen ben. Iso non acabara coa seca, pero pode ser un bo comezo. Iremos vendo… Toca un día de aumento das nubes coa posibilidade dalgunha precipitación, máis probable […]
Ver previsión [+]Luns 2 de novembro
Continuamos cunha situación moi semellante, algo máis de vento e temperaturas en descenso. Nubes e claros con máis nubes no leste e sobre todo na mañá. A situación no mar empeora por mor do vento do nordeste, será máis intenso no oeste do territorio. Comezamos semana que promete ser fría, irá chegando pouco a pouco […]
Ver previsión [+]Domingo 1 de novembro
Comezamos mes con nubes e claros, máis nubes no leste e ventos do nordeste moderados, sendo máis intensos no oeste do territorio. As temperaturas comezan un descenso que será moi notable na vindeira semana. No mar aumenta o vento, con peor situación na zona Atlántica pero sen ser nada destacado. Toca semana fresquiña pero non […]
Ver previsión [+]Sábado 31 de outubro
Rematamos mes e continuamos coa seca, agardemos que novembro acabe con ela. Durante a sábado aumentan as nubes, máis compactas nas zonas altas e do leste, non descarto catro gotas e néboas a primeiras horas. As temperaturas máximas descenden algo e os ventos serán do leste moderados. No mar temos algo de vento con ondas […]
Ver previsión [+]Venres 30 de outubro
Continuamos con dominio das altas presións quedando un día de nubes e claros con algunha néboa, sobre todo nas zonas costeiras e a primeiras e derradeiras horas. As temperaturas sen grandes cambios ou con algún descenso. O vento será do leste frouxo, algo moderado na costa atlántica e sobre todo na noite. No mar tranquilidade […]
Ver previsión [+]Xoves 29 de outubro
Toca unha xornada de nubes e claros, con máis nubes na mañá. Os ventos serán frouxos do suroeste virando a leste e as temperaturas sen grandes cambios. No mar temos tranquilidade. De momento non se ven grandes cambios, dende a fin de semana toca leste máis intenso e fresco, pero pouco máis, choiva lonxe de […]
Ver previsión [+]Mércores 28 de outubro
Despois do paso da fronte do martes toca recuperación, mais nubes na mañá e menos na tarde, ventos do leste moderados que xiran a suroeste na noite. As temperaturas máximas soben e as mínimas descenden. No mar a situación vai a mellor con menos vento e menos mar de fondo. Parece que o resto da […]
Ver previsión [+]Martes 27 de outubro
Perdemos momentaneamente a influenza do anticiclón e chega unha fronte con choivas que tenden a desaparecer na tarde, de feito pouca ou nada caerá na tarde. Na mañá algo acumularemos pero nada, a falta que fai. As temperaturas descenden de xeito notable e os ventos, primeiro do suroeste moderados e logo do norte frouxos. No […]
Ver previsión [+]Luns 26 de outubro
Será unha xornada de ceos moi abertos, moito sol e temperaturas máximas que continúan subindo, superamos os 20ºC en todo o territorio e preto dos 25 nalgún punto. Probablemente sexa o día máis caloroso do que queda de ano, pero é moito falar nestes tempos. Os ventos serán do suroeste frouxos aumentando na noite de […]
Ver previsión [+]