Venres 6 de novembro

Comezamos con frío e nubes altas que irán en aumento co paso do día ata chegar a choiva durante a noite. As temperaturas mínimas baixan e as máximas soben, os ventos frouxiños do sueste. No mar continuamos con tranquilidade.

Na fin de semana aumenta a inestabilidade con algunha precipitación, sábado durante o día non creo que chova case nada e domingo penso que mais ben na mañá. as temperaturas soben, sobre todo as mínimas.

Moi bo venres e fin de semana a todxs!