Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

PSTD Proxecto Geoparque Cabo Ortegal

O PSTD (Plan de Sostibilidade Turística en Destino) Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal é unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña e financiada con fondos NextGenerationEU, enmarcada no período 2022–2024 (con prazo de xustificación ata xuño de 2026).

Conta cun investimento total de 1.500.000 € e estrutúrase en catro eixos estratéxicos que desenvolven 28 actuacións transformadoras destinadas a potenciar o territorio.

O proxecto abrangue os sete concellos do Xeoparque do Cabo Ortegal: Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño, promovendo un modelo de desenvolvemento sostible, innovador e vencellado ao patrimonio natural e xeolóxico do territorio.

Eixo 1: Transición verde sostible

Impulso dunha transición verde sostible a través de 6 actuacións que fortalecen o sector turístico, integrando a sostibilidade, a acción climática e a creación de emprego verde.

Eixo 2: Mellora da eficiencia enerxética

Mellora da eficiencia enerxética a través de 2 actuacións centradas na modernización das infraestruturas turísticas do Xeoparque, baixo criterios de sostibilidade e mobilidade sostible.

Eixo 3: Transición dixital

Impulso da transición dixital mediante 6 actuacións que reforzan as canles de promoción, xestión e comunicación en liña do Xeoparque, mellorando a súa visibilidade e eficacia dixital.

Eixo 4: Competitividade

Desenvolvemento de 14 actuacións que fortalecen o sector turístico, melloran a promoción e a oferta e favorecen a atracción de visitantes de maneira desestacionalizada e sostible.

Actuacións

28 accións para transformar o territorio do Xeoparque Cabo Ortegal

1. Melloras da cualificación profesional do sector turístico: formación especializada.

Descrición

Desenvolvemento de formación especializada para labores de Guía-intérprete do Geoparque Cabo Ortegal, co obxectivo de capacitar aos profesionais e empresas na interpretación do patrimonio singular do territorio e adecuar o relato do Xeoparque aos diferentes segmentos de público. A actuación contempla dúas edicións dun curso de Guía-intérprete do Xeoparque do Cabo Ortegal, en formato semi-presencial, no que terán prioridade de participación as persoas interesadas que residen nos concellos do Xeoparque.

Descargable

Orzamento

61.318,29 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Deseño e posta en marcha dun programa educativo e de fomento da investigación para centros escolares sobre distintos aspectos do Geoparque Cabo Ortegal e os efectos do cambio climático no mesmo. En concreto as temáticas de geociencias, patrimonio natural e cultural, e outras materias relacionadas coa Axenda de Educación 2030 da UNESCO, serán as prioritarias a desenvolver, coa finalidade de mellorar o coñecemento e sensibilizar á poboación sobre os riscos e efectos do cambio climático no territorio do Xeoparque.

Descrición

O obxectivo é poñer en valor a gastronomía e os produtos agroalimentarios do territorio do Xeoparque Cabo Ortegal mediante o impulso da calidade, da promoción e da comercialización, así como a creación dunha marca especifica de produtos do Xeoparque Cabo Ortegal. A actuación contemplou nunha primeira fase estudos do territorio e nunha segunda fase e creación dunha marca alimentaria local, destinada á posta en valor dos produtos agroalimentarios e gastronomía do territorio, tanto entre o sector hostaleiro (produtos KM0, Slow Food), como para a súa venda ao público final.

Orzamento

68.396,39 €

Prazo de execución

2024 – 2026

Descrición

Deseño e posta en marcha dun sistema para a mellora dos servizos turísticos e a acreditación das empresas prestadoras de servizos turísticos do Xeoparque do Cabo Ortegal

Orzamento

45.032,57 €

Prazo de execución

2024 y 2025

Descrición

Posta en funcionamento dun programa de visitas guiadas, xeorrutas e outras actividades e experiencias de ecoturismo e xeoturismo, a través das que se implemente un relato diferenciador do territorio e a súa singular riqueza xeolóxica, natural e cultural.

Orzamento

47.190,00 €

Prazo de execución

2025

Descrición

 Crear unha rede de centros de interpretación do Xeoparque Cabo Ortegal nos museos e centros de interpretación visitables, mediante a execución de melloras destinadas a crear un contidos informativos do Xeoparque en cada centro, cunha imaxe común, e protocolos destinados á homoxeneización e unificación da información prestada sobre este espazo recoñecido pola UNESCO. Traballase para a mellora da prestación de información sobre o Geoparque por parte do persoal de atención ao público destes Centros, garantindo que a información prestada polos recursos e produtos de todo o territorio sexa de calidade e coherente co relato do destino, e fomentando a protección dos espazos naturais protexidos.

Orzamento

86.814,66€

Prazo de execución

2024 -2026

Descrición

 Impulsar unha estratexia de mobilidade sostible que promova o uso de medios non motorizados mediante o estudo, deseño e mellora da rede de camiños ciclables e peonís do territorio. A actuación implica intervencións, para un uso sostible, de conservación, restauración e valorización do territorio. Incorpórase ademais a adquisición e posta en valor da Casa da Bastona como infraestrutura de apoio á rede de roteiros de sendeirismo e bicicletas todo terreno (BTT).

Orzamento

139.095,47 €

Prazo de execución

2024-2026

Descrición

Mellora da eficiencia enerxética en varios recursos turísticos municipais, para reducir a pegada de carbono no desenvolvemento da actividade turística, ao tempo que se mellora a experiencia do/a visitante nestes espazos. Para elo contémplanse mellorar a iluminación ornamental dos castelos de Naraío (San Sadurniño), Moeche e a Concepción (Cedeira), a mellora da iluminación do Malecón de Ortigueira e melloras na climatización dos edificios do Museo do Surf de Valdoviño e na Casa da Pulida de Cariño. Está adxudicado o contrato para o servizo de revisión, actualización e visado dos proxectos existentes para, posteriormente asinar o convenio de colaboración cos concellos propietarios dos bens e licitar as obras. 

Orzamento

193.277,40 €

Prazo de execución

2024-2026

Descrición

Mellorar a promoción do Xeoparque Cabo Ortegal mediante o desenvolvemento dunha estratexia de comunicación e promoción acorde aos obxectivos do Plan de Marketing, aos segmentos de público identificados no mesmo, e ao relato do Xeoparque do Cabo Ortegal. Contratouse un gabinete de comunicación e marketing online que se ocupou da adecuada comunicación e difusión do Xeoparque Cabo Ortegal.

Orzamento

33.904,20 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Mellorar a promoción e comercialización dos recursos, produtos e servizos do Geoparque Cabo Ortegal mediante a creación dunha central de reservas dispoñible na páxina web do Xeoparque, que permita realizar reservas ou compras antes de chegar ao destino e mesmo descubrir a oferta dispoñible a través de dita acción.

Descargable

Orzamento

31.798,88 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Contratación dun servizo de mellora, creación de novos contidos e funcionalidades para a páxina web do proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal. Comprende a xeración de novos contidos creados co desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística, tradución dos contidos a diferentes idiomas, e melloras das funcionalidades que axuden a navegación e xestión.

Orzamento

13.628,09 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Deseño e desenvolvemento dunha App para a mellora da xestión e promoción do Camiño de Santo André de Teixido, que permita ofrecer servizos ao turista: planificacion personalizada de roteiros, caderno de viaxe, guía interactiva con información (audiogias) sobre o patrimonio material e inmaterial do camiño (recursos patrimoniais, naturais, ritos lendas e tradicións…), selaxe e descarga da credencial de peregrino (“Teixidela dixital”), información, contacto e reserva de servizos de empresas turísticas, sorteos e premios… á vez que serve de ferramenta de xestión e información sobre os Camiños: posibilidade de comunicar incidencias e puntos criticos xeolocalizados, medición e análise de datos de visitantes, etc.

Orzamento

39.716,41 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Formación e asesoramento con entidades de xestión turística do territorio (informadores/as de turismo, persoal de museos e centros de interpretación, etc.) e empresas locais, enfocadas a mellorar as súas habilidades e capacitación para conseguir un adecuado posicionamento online do Xeoparque Cabo Ortegal e das empresas turísticas do territorio.

Orzamento

32.459,34 €

Prazo de execución

2024-2025

Descrición

Dotación de infraestrutura de información dixital do destino coa finalidade de chegar aos/as visitantes naqueles municipios que non contan con servizo de información turística permanente. Devandita infraestrutura serán paneis ou tótems dixitais nos que se proxectarán material informativo e promocional do Xeoparque Cabo Ortegal así como aquelas actividades turísticas e culturais que se desenvolvan no territorio.

Descrición

Asistencia técnica para a execución do PSTD,
encargada de coordinar, dirixir, avaliar, dar seguimento e controlar todas as actuacións contidas no Plan.

Orzamento

221.184,43 €

Prazo de execución

2023-2026

Descrición

Deseño de estratexia participada de sostibilidade turística, e desenvolvemento dun plan de acción con actuacións concretas para alinearse co modelo de xestión DTS, baseado en 69 criterios que miden a sostibilidade ambiental, social e económica do territorio. O obxectivo é mellorar a planificación turística do territorio, capacitar ao persoal técnico e ás empresas que operan no destino e realizar accións relacionadas coa sostibilidade (por exemplo, poñer en marcha un foro de sostibilidade turística).

Orzamento

34.848,00 €

Prazo de execución

2024-2025

Descrición

Definición dunha estratexia comunicativa e accións e de promoción e comercialización do Xeoparque Cabo Ortegal e os seus produtos, tanto online como off-line. Dita estratexia establece as pautas e bases da comunicación xeral do PSTD e do Xeoparque como destino turístico, e determina as canles e ferramentas de comunicación axeitadas para a promoción ante diferentes segmentos de público.

Orzamento

15.376,52 €

Prazo de execución

2023

Descrición

Programa de desenvolvemento e promoción do Camino a Santo André de Teixido como roteiro de peregrinación e produto turístico, que fomente a chegada de visitantes. Crearase unha rede de empresas prestadoras de servizos nos Camiños (aloxamento, restauración, guía turístico, transporte, etc.), á vez que se desenvolven distintas accións de posta en valor deste recurso mediante actividades orientadas a distintos segementos de público e que se poidan realizar en diferentes momentos do ano. Trátase de xerar accións demostrativas que poidan ser comercializadas polas empresas locais e atractivas para o público.

Orzamento

29.880,00 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Posta en valor de produtos do sector primario para o turismo, a través da promoción dos produtos locais e km0 na hostalería local, da etiquetaxe intelixente e da mellora do packaging para tratar de converter os produtos agroalimentarios do territorio en produtos atractivos para a compra como agasallos, recordos do Xeoparque ou experiencias en torno á actividade agroalimentaria. Esta actuación irá vinculada á actuación 3 de promoción da gastronomía e dos produtos agroalimentarios locais. *o orzamento será minorado para suplementar o orzamento necesario para a actuación da creación da rede de centros de interpretación do Geoparque Cabo Ortegal segundo o orzamento da memoria técnica.

Orzamento

36.463,95 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Creación dun catálogo de experiencias turísticas sostibles no territorio, desde a implicación do tecido local, dirixidas aos diferentes segmentos de publico (familiar, científico, aventura e/ou cultural) con capacidade para comercializarse tanto na central de reservas da web do Xeoparque, como a través doutras plataformas de reserva turística. Para a execución da actuación contémplase o desenvolvemento de talleres formativos para as empresas participantes, a elaboración do catálogo para a comercialización on line e a presentación pública das experiencias e das reservas, e a relización dunha xornada profesional de comercialización entre empresas prestadoras de servizos do Xeoparque Cabo Ortegal e axencias comercializadoras.

Orzamento

47.020,50 €

Prazo de execución

2025-2026

Descrición

Aplicación homoxenea e xeralizada da marca do Geoparque Cabo Ortegal entre as empresas adheridas, de forma que se divulgue e fixe na imaxe colectiva a marca asociada Xeoparque Mundial da UNESCO como atributo do destino. Para elo contémplase o desenvolvemento da imaxe gráfica da marca, a elaboración dun manual de uso e utilización da marca para toda a cadea de valor turística (produtores, empresas, institucions, colectivos, etc.), así como a promoción de dita marca en todas as canles de comunicación do destino, eventos e actividades.

Descargable

Orzamento

27.436,75 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Creación dun banco de imaxes e material audiovisual de calidade e atractivo para a promoción do Geoparque Cabo Ortegal, dispoñible para a comunicación e divulgación dos recursos do territorio. Contémplase un banco de imaxes segundo as prioridades establecidas no Plan de Comunicación e Marketing, un video turístico do destino para o concurso de videos da GGN, e a produción de pequenas pezas audiovisuais de carácter promocional.

Orzamento

14.082,80 €

Prazo de execución

2026

Descrición

Impúlsase o deseño e posta en marcha de accións e materiais de promoción definidos no Plan de Marketing do territorio. Desenvólvense iniciativas tanto en liña como fóra de liña, complementadas cun plan de Inbound Marketing orientado á captación de potenciais clientes. Estas accións céntranse en mellorar a visibilidade e o posicionamento do destino nos mercados prioritarios. Ao mesmo tempo, contribúen a impulsar a conversión e a venda do produto turístico nos segmentos obxectivo.

Orzamento

37.750,00 €

Prazo de execución

2025

Obxectivos

Impúlsase a organización de viaxes de benchmarking a outros xeoparques certificados, fortalecendo a colaboración e o traballo en rede propio dos Xeoparques Mundiais da UNESCO. Estas visitas permiten coñecer modelos de xestión de referencia e boas prácticas aplicadas noutros territorios. Ao mesmo tempo, contribúen a mellorar a capacitación e as competencias dos axentes e empresas do Xeoparque Cabo Ortegal.
A iniciativa favorece o desenvolvemento de proxectos conxuntos e o intercambio de experiencias a nivel internacional.

Descargable

Enlaces aos vídeos das viaxes : ver vídeo , ver vídeo 2

Orzamento

40.535,00 €

Prazo de execución

2025

Descrición

Impúlsase a organización do Día Internacional da Xeodiversidade no Xeoparque Cabo Ortegal, un evento promovido pola UNESCO para poñer en valor o territorio no ámbito do xeoturismo, ecoturismo e turismo científico. O programa inclúe charlas especializadas, tamén en formato streaming, coa participación de expertos da Sociedade Xeolóxica Española e do Comité Científico do Xeoparque. A xornada complétase cunha saída de campo e unha degustación de produtos locais, achegando a experiencia ao territorio. A iniciativa contribúe a difundir a riqueza xeolóxica, natural e patrimonial entre a poboación local e o tecido empresarial.

Descargable

Enlaces aos vídeos: ver vídeo , ver vídeo 2 , ver vídeo 3

Orzamento

17.549,54 €

Prazo de execución

2024

Descrición

Deseño, elaboración e produción de material de difusión específico con contidos adaptados ao relato deseñado polo Xeoparque, que sirvan para promocionar e difundir os recursos e produtos turísticos diferenciais do Geoparque do Cabo Ortegal.

Descargable

Orzamento

27.769,50 €

Prazo de execución

2026

Descrición

Impúlsase unha actuación para dar resposta ás recomendacións da UNESCO, mellorando a sinalización de acceso ao Xeoparque Cabo Ortegal e reforzando a súa identidade territorial. Para iso, instálase nova sinalización nos principais viais de entrada e incorpóranse paneis informativos e interpretativos sobre os recursos clave do territorio. Esta intervención mellora o coñecemento e a experiencia da visita, facilitando a autonomía das persoas visitantes e unha mellor xestión dos fluxos turísticos. Ao mesmo tempo, contribúe a reforzar a visibilidade do selo UNESCO e a consolidación do destino como xeoparque.

Orzamento

36.300,00 €

Prazo de execución

2026

Descrición

Esta actuación vén completar a estratexia de promoción da gastronomía e o produto agroalimentario iniciado coas actuacións 15 (Posta en valor de produtos do sector primario para o turismo) e 16 (Promoción da gastronomía e dos produtos agroalimentarios locais) do PSTD. Esta nova actuación baséase no impulso da competitividade do sector a través da mellora da capacidade produtiva e apoio á creación da marca de produto local do Geoparque Cabo Ortegal KB0. Así, o sector primario transforma a súa produción local converténdoa ao tempo nunha lembranza gastronómica de excelencia que responde os requisitos da UNESCO para Geoparque Mundiais e á creación dun produto turístico competitivo aliñado coa estratexia de desenvolvemento sostible que persegue o Geoparque.