Climatoloxía no Xeoparque
Temos diversas formas nas que poderíamos dividir o c-lima da rexión. A diferenza que atopamos entre os concellos interiores e costeiros non é apreciable, sendo semellante a que podemos atopar dentro dun concello entre as zonas costeiras e as zonas interiores. A Grandes trazos podemos clasificar o clima do Xeoparque en 2 bloques, o bloque do leste que abarcaría o concello de Ortigueira, Cariño e as zonas máis altas e máis o leste de Cedeira e Cerdido. E o bloque que restante abarcaría o resto do territorio.
No bloque do leste temos maior número de días de precipitacións, sendo máis destacado no verán polo réxime de ventos redominante (nordeste). A choiva total anual é complexa de comparar, xa que no bloque do leste temos as maiores alturas e tamén os puntos onde máis chove. Se comparamos dous puntos, da mesma altura, como pode ser a vila de Cedeira e a vila de Cariño, temos máis precipitación anual en Cedeira a pesares de que chove menos días.
No bloque do oeste alcánzanse as temperaturas máximas da rexión, as mínimas danse nos vales mais interiores debido as inversións térmicas. A temperatura media anual e inferior no bloque do leste, aínda que a altura é un factor moito máis determinante.
A insolación é inferior no bloque do leste, de feito, algunha das zonas con menor insolación do Xeoparque tamén o son a nivel penínsular.
Breve descrición por concellos
Valdoviño
Concello situado o suroeste do Xeoparque, con escasas alturas e con predominio costeiro. As temperaturas son suaves e en moi poucas ocasións se baixa dos cero grados, nalgunha xornada e sobre todo en zonas baixas e con influencia mínima do mar. As precipitacións soen dar algo de tregua durante o verán, sendo xullo e agosto os meses de menos choiva e tamén os de maior temperatura. Os temporais de vento, sobre todo oeste-suroeste dan bastante forte así como os temporais de mar. Concello aberto cara o mar. As situacións de oeste deixa mais precipitación que no leste da rexión. Os ventos do nordeste soen ser secos e frescos, nada que ver co nordeste de Ortigueira ou Cariño.
Cerdido
Concello interior situado no centro da rexión. Podemos apreciar a transición entre o bloque do leste e do oeste, sendo destacada a insolación, variando en poucos km en zonas da mesma altura. A
zona do leste é máis húmida, con máis néboas e precipitación, así a temperatura tamén é menor o mesmo que a insolación. As xeadas son máis frecuentes nas zonas baixas e próximas a ríos e regatos. A neve é pouco habitual e o vento sopra máis forte nas zonas máis altas.
San Sadurniño
Cariño
Cedeira
Moeche
Concello interior con algunha característica propia, así a temperatura medía das mínimas é inferior e a media das máximas algo superior. As precipitacións son bastante homoxéneas dentro do concello, algo máis abondosas nas zonas máis altas. As xeadas aparecen todos invernos na maioría do territorio. Os temporais de vento son menos intensos que nos concellos costeiros, pero iso non quita que a maioría dos anos teñamos algún. A neve non aparece moito, non temos moita altitude e a distancia o mar segue sen moita.
Ortigueira
É o concello con maior superficie do Xeoparque e tamén con gran diversidade climática, as pendentes son abundantes e os vales tamén. A zona norte ten menor pendente e menor altitude, no sur temos montes e vales dando unha configuración de montaña. As precipitacións son abundantes, sobre todo nas zonas máis altas, as zonas que bordean a ría están algo máis o abrigo, entre a Capelada e Faladora crease algo de sombra pluviométrica. O número de xornadas con precipitación é elevado e a insolación bastante baixa. Os temporais de vento déixanse sentir nas zonas mais altas, sen pasar desapercibidos polo resto. As xeadas aparecen todos os invernos nas zonas interiores de val, tamén xea algo no resto. A neve pode aparecer nas zonas mais altas do sur e do leste.