Semana Europea dos Xeoparques
A Semana dos Xeoparques Europeos é un excelente exemplo do traballo colaborativo que levan a cabo os territorios que ostentan esta designación da UNESCO. No caso do Xeoparque de Cabo Ortegal, por terceiro ano consecutivo, celébranse diversas actividades para poñer en valor o seu patrimonio e os seus recursos, sempre coa participación da poboación local e das empresas da zona.