Novas

Luns 2 de novembro

Continuamos cunha situación moi semellante, algo máis de vento e temperaturas en descenso. Nubes e claros con máis nubes no leste e sobre todo na mañá. A situación no mar empeora por mor do vento do nordeste, será máis intenso no oeste do territorio. Comezamos semana que promete ser fría, irá chegando pouco a pouco […]

Leer [+]

Domingo 1 de novembro

Comezamos mes con nubes e claros, máis nubes no leste e ventos do nordeste moderados, sendo máis intensos no oeste do territorio. As temperaturas comezan un descenso que será moi notable na vindeira semana. No mar aumenta o vento, con peor situación na zona Atlántica pero sen ser nada destacado. Toca semana fresquiña pero non […]

Leer [+]

Sábado 31 de outubro

Rematamos mes e continuamos coa seca, agardemos que novembro acabe con ela. Durante a sábado aumentan as nubes, máis compactas nas zonas altas e do leste, non descarto catro gotas e néboas a primeiras horas. As temperaturas máximas descenden algo e os ventos serán do leste moderados. No mar temos algo de vento con ondas […]

Leer [+]

Venres 30 de outubro

Continuamos con dominio das altas presións quedando un día de nubes e claros con algunha néboa, sobre todo nas zonas costeiras e a primeiras e derradeiras horas. As temperaturas sen grandes cambios ou con algún descenso. O vento será do leste frouxo, algo moderado na costa atlántica e sobre todo na noite. No mar tranquilidade […]

Leer [+]

Xoves 29 de outubro

Toca unha xornada de nubes e claros, con máis nubes na mañá. Os ventos serán frouxos do suroeste virando a leste e as temperaturas sen grandes cambios. No mar temos tranquilidade. De momento non se ven grandes cambios, dende a fin de semana toca leste máis intenso e fresco, pero pouco máis, choiva lonxe de […]

Leer [+]

Mércores 28 de outubro

Despois do paso da fronte do martes toca recuperación, mais nubes na mañá e menos na tarde, ventos do leste moderados que xiran a suroeste na noite. As temperaturas máximas soben e as mínimas descenden. No mar a situación vai a mellor con menos vento e menos mar de fondo. Parece que o resto da […]

Leer [+]

Martes 27 de outubro

Perdemos momentaneamente a influenza do anticiclón e chega unha fronte con choivas que tenden a desaparecer na tarde, de feito pouca ou nada caerá na tarde. Na mañá algo acumularemos pero nada, a falta que fai. As temperaturas descenden de xeito notable e os ventos, primeiro do suroeste moderados e logo do norte frouxos. No […]

Leer [+]

Luns 26 de outubro

Será unha xornada de ceos moi abertos, moito sol e temperaturas máximas que continúan subindo, superamos os 20ºC en todo o territorio e preto dos 25 nalgún punto. Probablemente sexa o día máis caloroso do que queda de ano, pero é moito falar nestes tempos. Os ventos serán do suroeste frouxos aumentando na noite de […]

Leer [+]

Domingo 25 de Outubro

Temos o roce dunha pequena fronte que deixará unha xornada de moitas nubes e orballos que serán mais frecuentes e probables no oeste e zonas altas do territorio. As temperaturas mínimas soben notablemente e as máximas soben algo. Os ventos continúan do suroeste e irán perdendo intensidade. No mar continuamos con vento que vai a […]

Leer [+]

Sábado 24 de outubro

Estamos nunha situación intermedia con predominio das altas presións. Toca xornada de nubes e claros, mais nubes no oeste e mais sol no leste. O vento será moderado aumentando na tarde con refachos fortes, non moito, menos que xoves. As temperaturas mínimas descendes, con frío a primeiras horas e as máximas soben algo. Domingo teremos […]

Leer [+]

Venres 23 de outubro

Temos un día fresquiño e con algún chuvasco sobre todo na mañá, as temperaturas descenden e o vento irá a menos ata quedar en calma. No mar tamén irá a menos quedando frouxo. O mar de fondo continúa superando os 5 metros a primeiras horas indo a menos na tarde-noite. Na fin de semana vamos […]

Leer [+]

Xoves 22 de outubro

A medida que avance o día irán a mais as nubes e aumentará o vento. as precipitacións chegarán antes polo oeste, chegando a todo o territorio a derradeiras horas da tarde ou incluso primeiras da noite. As temperaturas soben e os ventos serán moderados do suroeste aumentando a fortes na tarde. no mar empeora con […]

Leer [+]

Mércores 21 de outubro

Despois do paso da fronte na noite do martes toca unha xornada de nubes e claros e coa posibilidade dalgún chuvasco feble e moi ocasional. As temperaturas mínimas soben bastante e xa non teremos frío a primeiras horas, as máximas sen grandes cambios. Os ventos serán do oeste moderados. Xoves toca un pequeno temporal de […]

Leer [+]

Martes 20 de outubro

Teremos unha xornada de ventos do suroeste, que irán aumentando de intensidade e acadando algún refacho forte a derradeiras horas, nada do outro mundo, bastante normaliño. Nubes e claro con aumento das nubes na tarde e chegada de precipitacións na noite, unha fronte pouca activa atravésanos. As temperaturas soben, sobre todo as máximas, nas mínimas […]

Leer [+]

Luns 19 de outubro

Continuamos con situación moi semellante, posibilidade dalgunha chuvieira e ventos do nordeste que van perdendo intensidade. As temperaturas mínimas descenden e as máximas sen grandes cambios. No mar mellorando, cada vez con menos vento e algunha onda pouco significativa. Agardo unha semana variable, cun pouquiño de todo, non choverá moito pero tampouco teremos estabilidade. De […]

Leer [+]

Domingo 18 de outubro

Continuamos con circulación moi marcada de nordés, así os ventos continúan intensos e as temperaturas fresquiñas, pode chuviscar algo, sobre todo no leste e zonas altas, sen ser gran cousa. No mar continuamos con bastante vento, sobre todo na zona Atlántica e xa sen nada de mar de fondo. Luns parece que continuamos semellante e […]

Leer [+]