Martes 17 de novembro

Despois da ventada de luns e da choiva da noite toca máis do mesmo, vento e algunha precipitación, chegando unha fronte na noite con máis choiva. As temperaturas sen grandes cambios e os ventos do suroeste fortes pero penso que algo menos que o luns. No mar situación complicada, continuamos con moito vento e aumentando o mar de fondo.

Non tivo queixa o vento neste inicio de semana, constancia e intensidade forte con refachos bastante fortes, dende mércores amaina algo.

Moi bo martes a todxs!