Comezamos semana baixo a influencia das baixas presións, unha profunda borrasca situada o norte das azores promete dar auga nas vindeiras xornadas, para a nosa rexión será de forma moderada, non choverá moito pero si irá mollando moi ben e preparando o terreo para maiores cantidades. Toca xornada de chuvascos , máis frecuentes e intensos na tarde-noite, as temperaturas soben e os ventos serán do sur moderados. No mar algo empeora, aumenta o vento e ademais na zona atlántica aumenta o mar de fondo cara a noite.
Moi bo luns e moi boa semana a todxs!
