Domingo 22 de novembro

Despois das precipitacións do sábado toca un domingo con algún chuvasco que tende a remitir, e así luns ter unha xornada sen choiva, que volverá martes con gañas. As temperaturas descenden dende o paso da fronte, ventos do oeste moderados e indo a menos. No mar mellorando, algo de vento e algo de onda, sen ser moi significativo.

Na nova semana continuamos con situación semellante.

Moi bo domingo a todxs!