Toca xornada inestable, con peor situación na tarde, cando teremos máis precipitacións, de intensidade moderada incluso intensas por momentos. Os ventos serán moderados do leste e as temperaturas descenden algo. No mar situación que empeora algo con máis vento, pero nada destacado.
Xa vos dixen que agora ven de verdade e toca bastante choiva unha tempada, tamén teremos vento e situación complicándose no mar dende domingo. Xa vos irei contando con detalle, pero a seca este mes queda resolta!
Moi bo venres e fin de semana a todxs!
