Mércores 18 de novembro

Toca unha nova xornada de temporal, vento forte e chuvias que chegan antes cada xornada, deixando auga que vai entrando pouco a pouco na terra. Dende mediodía xa chove. O peor o vento que leva soprado bastante e continúa, indo a menos xoves e venres pero volvendo repuntar no sábado. Todo isto ía tocando e tarde ou cedo tiña que chegar e de momento a choiva cae como debe caer. As temperaturas descenden, sendo moi salientable o xoves. No mar a situación empeora, con vento forte e ondas en aumento, superando os 6 metros.

De momento pinta así todo o mes, algunha xornada pode vir tranquila e incluso con entrada de frío, pero penso que os cambios chegaran no vindeiro mes cando o frío pode facer acto de presenza, queda moito e irei vendo con calma.

Moi bo mércores a todxs!