Xoves 12 de novembro

O final mércores non choveu case nada, algo no leste e pouco máis. A borrasca pasou máis o sur do agardado e con menos potencia. Así a nosa rexión foi das zonas de Galicia e incluso da península onde menos choveu. Durante o xoves si que choverá, a baixa atlántica achegase a nós, con menos forza pero enviando sucesivas bandas nubosas con precipitación. As temperaturas sen grandes cambios e os vento do sur-sueste frouxos. No mar continúamos sen grandes sobresaltos, algo de vento e algunha onda pero nada significativo.

No que queda de semana chove máis e na vindeira semana tamén, teremos frontes mais activas para o noso territorio, tamén toca vento, domingo xa notaremos bastante.

Moi bo xoves a todxs!