Comezamos semana con inestabilidade que será máis acusada nas noites. De momento o luns será de nubes e claros, máis nubes no oeste e a posibilidade dalgunha precipitación feble. Na noite cruza unha fronte con precipitacións moderadas. Os ventos serán do suroeste moderados, aumentando a fortes durante a tarde e a noite, coa chegada da choiva van a menos. As temperaturas soben notablemente, sobre todo as máximas. No mar irá empeorando có
aumento do vento que será forte na tarde e noite.
Toca semana de choiva, vento e mala mar, pouco a pouco iremos levantando cabeza e a seca quedará na historia do territorio como algo excepcional. Unha seca tan longa e tan importante non pasa moi a miúdo. Certamente de momento aínda hai que saír dela, pero pensar penso que sairemos dela este mes!
Moi bo luns e boa semana a todxs!
