Martes 10 de novembro

Continuamos con situación moi semellante, a borrasca atlántica continua aportando inestabilidade traducida en precipitacións que chegan nas horas centrais do día, remitindo có avance da tarde e na noite. As temperaturas descenden lixeiramente e os ventos do sur/suroeste moderados. No mar peor na zona atlántica con vento e algo de mar de fondo, nada significativo.

O mércores temos unha potente borrasca que entra na península, con matices subtropicais e que dará que falar. Non está clara a súa traxectoria, pero aquí solo afectará con choiva, veremos en que medida…noutras zonas da península deixará un temporal moi duro de vento e auga.

Moi bo martes a todxs!