Situación semellante a tarde da xornada anterior, nubes e claros e posibilidade dalgún chuvasco ocasional. Ventos do nordeste perdendo intensidade e quedando en calma a derradeiras horas, as temperaturas en descenso. No mar tranquilidade, o vento moito a menos.
Xoves e venres volve a tranquilidade, con bastante frío nas noites e mañás. O sábado chegan cambios e iniciamos un período de 5 ou 6 días de tempo propio de novembro, auga e vento!
Moi bo mércores a todxs!
