Teremos un sábado de ceos máis cubertos na mañá e aínda coa posibilidade dalgunha chuvieira de escasa importancia. As temperaturas mínimas soben bastante, xa sen moito frío a primeiras horas, e as máximas tamén soben pero menos notable. Os ventos serán do sueste frouxiños e no mar a situación segue tranquila.
Parece que por fin van chegando cambios, a auga irá chegando pouco a pouco, repartida durante a vindeira semana. Pero desta vez a circulación muda e os cambios prometen ser duradeiros. Agardo que sexa o cambio definitivo e a chegada da auga vaia solucionando os problemas da seca. Para iso ten que chover moito e ben repartida…iremos vendo, pero agora pinta ben.
Moi bo sábado a todxs!
