Continuamos con situación semellante, nubes e claros con momentos mais cubertos e sen descartar 4 gotas. As temperaturas mínimas descenden, con frío a primeiras horas e as máximas sen grandes cambios. Ventos frouxos ou en calma. No mar toca tranquilidade, sen nada de vento nin mar de fondo.
Venres teremos algo máis de sol na mañá, logo aumentan as nubes e na noite xa pode chover algo. Dende sábado debería chover unhas cantas xornadas e tamén ventar algo, as temperaturas subirán e na mar irá empeorando.
Moi bo xoves a todxs!
