Luns 2 de novembro

Continuamos cunha situación moi semellante, algo máis de vento e temperaturas en descenso. Nubes e claros con máis nubes no leste e sobre todo na mañá. A situación no mar empeora por mor do vento do nordeste, será máis intenso no oeste do territorio. Comezamos semana que promete ser fría, irá chegando pouco a pouco pero non descarto ter as primeiras xeadas da temporada, serian nas zonas propicias. Auga de momento pouca se ve, algo caerá pero penso que moi pouco.

Moi bo luns e semaniña a todxs!