Venres 30 de outubro

Continuamos con dominio das altas presións quedando un día de nubes e claros con algunha néboa, sobre todo nas zonas costeiras e a primeiras e derradeiras horas. As temperaturas sen grandes cambios ou con algún descenso. O vento será do leste frouxo, algo moderado na costa atlántica e sobre todo na noite. No mar tranquilidade pero condicionado coas néboas que poden aparecer. Penso que o novo mes comeza cun descenso progresivo de temperaturas, sendo bastante acusado no comezo da vindeira semana. Despois poden ir aparecendo cambios, é probable que mude a dinámica atmosférica dos últimos meses.

Moi bo venres e fin de semana a todxs!