Luns 26 de outubro

Será unha xornada de ceos moi abertos, moito sol e temperaturas máximas que continúan subindo, superamos os 20ºC en todo o territorio e preto dos 25 nalgún punto. Probablemente sexa o día máis caloroso do que queda de ano, pero é moito falar nestes tempos. Os ventos serán do suroeste frouxos aumentando na noite de intensidade, sobre todo na parte Atlántica. No mar algo menos de vento e de onda pero na noite volve aumentar algo. Martes temos unha xornada de choiva sobre todo na mañá e notable descenso de temperaturas. Non será moita cousa e os mananciais seguen sen enterarse. Dende mércores volve a estabilidade.

Moi bo luns e boa semana a todxs!