Mércores 14 de outubro

Comezaremos con néboas, sobre todo na costa e no mar, tenden a ir a menos quedando unha xornada moi aberta cara o interior, as temperaturas soben, con valores bastante altos para as datas. Os ventos serán variables e frouxiños. No mar teremos as néboas serán mais persistentes e tamén teremos algo de mar de fondo. […]
Martes 13 de outubro

Toca xornada de nubes e claros, con menos nubes na tarde e aumento das nubes na noite, unha fronte moi desfeita roza na noite podendo deixar algún orballo, pouco probable e pouco importante. As temperaturas non terán grandes cambios e os ventos serán do suroeste frouxos, xirando a nordés/norte na tarde-noite. No mar tranquilidade. Dende […]
Luns 12 de outubro

Comezamos con bastantes nubes que van a menos có paso das horas, quedando unha tarde máis aberta e con grandes momentos de sol. As temperaturas tenden a subir e os ventos serán frouxos, con algún intervalo moderado, sobre todo no oeste. No mar temos algo de mar de fondo, ondas de 2 a 3 metros. […]
Domingo 11 de outubro

Durante o sábado entrou máis humidade da agardada e choveu durante a mañá no oeste da rexión, no leste algo tamén pero menos. O domingo toca unha xornada moi semellante, moita humidade e moita nubosidade, máis na maña e na noite e sen descartar algunha precipitación pouco importante. Os ventos serán frouxiños do suroeste e […]
Sábado 10 de outubro

Teremos unha xornada de nubes e claros con aumento das nubes co avance da tarde, na noite pode caer algún pequeno orballo, moi pequeno e sen importancia. As temperaturas soben e os ventos frouxiños do nordés. No mar toca tranquilidade con algo de mar de fondo pero nada destacado. Nas vindeiras xornadas en xeral predomina […]
Venres 9 de outubro

Durante o venres o anticiclón gaña terreo e o sol predomina na rexión, algunha nube mais na tarde pero sen consecuencias. As temperaturas mínimas descendes e as máximas tenden a subir algo. Os ventos serán do nordés frouxiños e no mar tranquilidade. Toca fin de semana longa e tempo relativamente tranquilo, mais nubes dende sábado […]
Xoves 8 de outubro

Despois das precipitacións abundantes do mércores a situación tende a mellorar, teremos nubes e claros coa posibilidade dalgunha precipitación feble, mais probable no leste. As temperaturas descenden e os ventos serán do nordés moderados. No mar algo de vento e algo de mar de fondo, nada destacado. Nas vindeiras xornadas toca tranquilidade, aínda que durante […]
Mércores 7 de outubro

Durante o mércores teremos unha entrada de norte, con inestabilidade traducida en chuvascos e fresquiño. Agardo que non sexa como martes, que pensei que chovería e incluso con tronadas e na nosa rexión pouco caeu, de feito fomos das zonas de Galicia mais secas. Os vento serán moderados do norte e no mar teremos algo […]
Martes 6 de outubro

Durante o martes a inestabilidade vai en aumento con chuvascos que serán mais intensos na tarde e incluso con tronada e certa intensidade. Tampouco se pode descartar algo de granizo no momento de intensidade forte. Os ventos serán frouxos aínda que no momento dos chuvascos pode aumentar. As temperaturas descenden , pero seguen agradables, será […]
Luns 5 de outubro

Comezamos semana con algo de tranquilidade, ceos con nubes e claros e de chover non será ata a noite. As temperaturas máximas soben notablemente e os ventos serán do nordeste moderados. Martes e mércores serán xornadas de outono, con precipitacións, incluso tronadas e chuvascos con certa intensidade. As temperaturas descenden mércores e xoves bastante. Parece […]