Domingo 11 de outubro

Durante o sábado entrou máis humidade da agardada e choveu durante a mañá no oeste da rexión, no leste algo tamén pero menos. O domingo toca unha xornada moi semellante, moita humidade e moita nubosidade, máis na maña e na noite e sen descartar algunha precipitación pouco importante. Os ventos serán frouxiños do suroeste e no mar teremos algo de vento e algunha onda, nada destacado.

Moi bo domingo a todxs!