Luns 12 de outubro

Comezamos con bastantes nubes que van a menos có paso das horas, quedando unha tarde máis aberta e con grandes momentos de sol. As temperaturas tenden a subir e os ventos serán frouxos, con algún intervalo moderado, sobre todo no oeste. No mar temos algo de mar de fondo, ondas de 2 a 3 metros. Penso que a semana tende a estabilidade, podendo caer unhas gotas na noite de martes e logo a vindeira fin de semana…algo irá mudando a situación, queda moito e xa vos irei contando.

Moi bo luns a todxs!