Luns 5 de outubro

Comezamos semana con algo de tranquilidade, ceos con nubes e claros e de chover non será ata a noite. As temperaturas máximas soben notablemente e os ventos serán do nordeste moderados. Martes e mércores serán xornadas de outono, con precipitacións, incluso tronadas e chuvascos con certa intensidade. As temperaturas descenden mércores e xoves bastante. Parece que o final de semana será tranquilo, seco e con suba de temperaturas, xa irei contando. O domingo foi moi diverso, nas zonas altas do leste caeron mais de 25mm, mentres que canto mais o oeste cada vez menos ou incluso nada.

Moi bo luns e semana a todxs!