Xoves 8 de outubro

Despois das precipitacións abundantes do mércores a situación tende a mellorar, teremos nubes e claros coa posibilidade dalgunha precipitación feble, mais probable no leste. As temperaturas descenden e os ventos serán do nordés moderados. No mar algo de vento e algo de mar de fondo, nada destacado. Nas vindeiras xornadas toca tranquilidade, aínda que durante a noite do sábado e primeiras horas do domingo roza unha fronte con algunha precipitación feble.

Moi bo xoves a todxs!