Martes 13 de outubro

Toca xornada de nubes e claros, con menos nubes na tarde e aumento das nubes na noite, unha fronte moi desfeita roza na noite podendo deixar algún orballo, pouco probable e pouco importante. As temperaturas non terán grandes cambios e os ventos serán do suroeste frouxos, xirando a nordés/norte na tarde-noite. No mar tranquilidade. Dende venres parece que mudan os centros de acción e nos chega vento de nordeste frío e húmido, veremos como vai evolucionando.

Moi bo martes a todxs!