Sábado 24 de outubro

Estamos nunha situación intermedia con predominio das altas presións. Toca xornada de nubes e claros, mais nubes no oeste e mais sol no leste. O vento será moderado aumentando na tarde con refachos fortes, non moito, menos que xoves. As temperaturas mínimas descendes, con frío a primeiras horas e as máximas soben algo. Domingo teremos […]
Venres 23 de outubro

Temos un día fresquiño e con algún chuvasco sobre todo na mañá, as temperaturas descenden e o vento irá a menos ata quedar en calma. No mar tamén irá a menos quedando frouxo. O mar de fondo continúa superando os 5 metros a primeiras horas indo a menos na tarde-noite. Na fin de semana vamos […]
Xoves 22 de outubro

A medida que avance o día irán a mais as nubes e aumentará o vento. as precipitacións chegarán antes polo oeste, chegando a todo o territorio a derradeiras horas da tarde ou incluso primeiras da noite. As temperaturas soben e os ventos serán moderados do suroeste aumentando a fortes na tarde. no mar empeora con […]
Mércores 21 de outubro

Despois do paso da fronte na noite do martes toca unha xornada de nubes e claros e coa posibilidade dalgún chuvasco feble e moi ocasional. As temperaturas mínimas soben bastante e xa non teremos frío a primeiras horas, as máximas sen grandes cambios. Os ventos serán do oeste moderados. Xoves toca un pequeno temporal de […]
Martes 20 de outubro

Teremos unha xornada de ventos do suroeste, que irán aumentando de intensidade e acadando algún refacho forte a derradeiras horas, nada do outro mundo, bastante normaliño. Nubes e claro con aumento das nubes na tarde e chegada de precipitacións na noite, unha fronte pouca activa atravésanos. As temperaturas soben, sobre todo as máximas, nas mínimas […]
Luns 19 de outubro

Continuamos con situación moi semellante, posibilidade dalgunha chuvieira e ventos do nordeste que van perdendo intensidade. As temperaturas mínimas descenden e as máximas sen grandes cambios. No mar mellorando, cada vez con menos vento e algunha onda pouco significativa. Agardo unha semana variable, cun pouquiño de todo, non choverá moito pero tampouco teremos estabilidade. De […]
Domingo 18 de outubro

Continuamos con circulación moi marcada de nordés, así os ventos continúan intensos e as temperaturas fresquiñas, pode chuviscar algo, sobre todo no leste e zonas altas, sen ser gran cousa. No mar continuamos con bastante vento, sobre todo na zona Atlántica e xa sen nada de mar de fondo. Luns parece que continuamos semellante e […]
Sábado 17 de outubro

Toca xornada de nordeste intenso! Chega unha masa fría e húmida que deixa algo de precipitación no leste e zonas altas, ademais de ventos intensos, máis salientables no oeste da rexión e sobre todo nas zonas costeiras. No mar tamén empeora, con vento que será mais forte nas zonas Atlánticas e algo de mar de […]
Venres 16 de outubro

Durante o venres aumenta a nubosidade chegando precipitacións na tarde e sobre todo na noite. As temperaturas comezan a baixar e os ventos aumentan de intensidade, sendo do nordés, forte durante a noite. Sábado continuamos con inestabilidade, precipitacións mais probables na mañá e ventos do nordés intensos e fríos. As temperaturas baixan notablemente. No mar […]
Xoves 15 de outubro

Comezamos xornada con néboas costeiras que tenden a r desaparecendo quedando unha tarde de nubes e claros. As temperaturas máximas descenden e os ventos serán do suroeste frouxos. No mar teremos algo de mar de fondo con ondas entre 2 e 3 metros. Durante o venres toca cambio de situación, chega unha fronte con choiva […]