Continuamos con situación moi semellante, posibilidade dalgunha chuvieira e ventos do nordeste que van perdendo intensidade. As temperaturas mínimas descenden e as máximas sen grandes cambios. No mar mellorando, cada vez con menos vento e algunha onda pouco significativa. Agardo unha semana variable, cun pouquiño de todo, non choverá moito pero tampouco teremos estabilidade. De momento continuamos cunha seca moi importante, a precipitación caída solo regou a superficie, pero fontes, regos, regatos…todo segue moi baixo e aínda non será nesta semana cando comece a mellorar a situación.
Moi bo luns a todxs!
