Mércores 21 de outubro

Despois do paso da fronte na noite do martes toca unha xornada de nubes e claros e coa posibilidade dalgún chuvasco feble e moi ocasional. As temperaturas mínimas soben bastante e xa non teremos frío a primeiras horas, as máximas sen grandes cambios. Os ventos serán do oeste moderados. Xoves toca un pequeno temporal de vento, con vento na tarde-noite forte, sen ser nada destacado pero si soprará con refachos fortes, logo algo de choiva na noite. Seguimos con semana cambiante. No mar teremos vento moderado e aumento do mar de fondo, con ondas entre 3 e 4 metros.

Moi bo mércores a todxs!