Sábado 17 de outubro

Toca xornada de nordeste intenso! Chega unha masa fría e húmida que deixa algo de precipitación no leste e zonas altas, ademais de ventos intensos, máis salientables no oeste da rexión e sobre todo nas zonas costeiras. No mar tamén empeora, con vento que será mais forte nas zonas Atlánticas e algo de mar de fondo. Domingo e luns pode caer algún orballo, pouca cousa, pero si parece que a semana será variable e fresquiña, con precipitacións que pouco a pouco irán chegando…iremos vendo!

Moi bo sábado e fin de semana a todxs!