Domingo 4 de outubro

Toca xornada con inestabilidade. A presenza de aire frío en altura, xunto a unha circulación húmida de nordeste, propiciara un día con algo de todo. Realmente temos unha xornada moi complexa de predicir, a inestabilidade do cantábrico, non son solo chuvieiras do nordeste, son precipitacións importantes. Penso que teremos momentos de choiva importante, máis probable […]

Sábado 3 de outubro

Teremos unha xornada marcada pola circulación de nordés que arrastrara humidade, deixando moitas nubes e incluso algunha chuvieira no leste do territorio e sobre todo en zonas altas. No resto nubes e algunha raiola, sobre todo canto máis o oeste do xeoparque. As temperaturas mínimas continúan subindo e as máximas sen grandes cambios. Ventos moderados […]

Venres 2 de outubro

Será unha xornada con mais nubes no leste e ventos moderados do leste/nordeste , as temperaturas sen grandes cambios aínda que tenden a subir, mais destacado nas mínimas. No mar teremos vento moderado con algún refacho mais intenso e aínda con algo de mar de fondo que vai a menos. Na fin de semana tocan […]

Xoves 1 de outubro

Comezamos mes con menos inestabilidade e o anticiclón gañando a batalla. Teremos unha xornada de nubes e claros, mais nubes na tarde con grandes momentos de sol e sen choiva. As temperaturas mínimas baixan e as máximas soben, Os ventos serán do nordeste moderados na tarde. No mar teremos mar de fondo con ondas de […]

Mércores 30 de setembro

Despois dun martes ventoso e de choiva moi necesaria toca un mércores mais tranquilo pero con algunha precipitación tipo chuvasco e mais probable na tarde. As temperaturas descenden notablemente e os ventos serán do suroeste/oeste moderados. No mar continuamos con algo mais de vento e tamén irá aumentando o mar de fondo, sobre todo no […]

Martes 29 de setembro

Toca un día de bastante vento e choiva, aínda que esta non chega ata ben andada a tarde, iso non quita que choiva algo antes, pero o destacado será o vento. Que tampouco será nada do outro mundo, o normal nunha borrasca outonal. A borrasca que se forma é moi importante, pero o suficiente afastada […]

luns 28 de setembro

Toca xornada de nubosidade abundante e algún chuvasco durante a tarde, que incluso pode vir con algo de tronada, será mais probable no leste do territorio. As temperaturas sen grandes cambios pero con tendencia a subir. Os ventos variables collendo compoñente sur a derradeiras horas e aumentando algo de intensidade. Martes toca un día de […]

Domingo 27 de setembro

Toca unha fronte pegada o litoral gran parte da xornada, na tarde será cando mais nos afecte, pero xa choverá durante a maña, sobre todo nas zonas costeiras do oeste. A s temperaturas descenden durante a tarde e os ventos frouxos, comezan do sur e acabaran do norte. No mar a choiva reduce a visibilidade, […]

Sábado 26 de setembro

Toca xornada de nubes e claros con aumento das nubes durante a noite, as temperaturas soben algo e os ventos serán do leste frouxos xirando a derradeiras horas o suroeste. Os cambios irán chegando pouco a pouco e domingo xa teremos precipitacións. No mar continuamos con tranquilidade que tamén se ira perdendo no comezo da […]

Venres 25 de setembro

Comezaremos con bastantes néboas e nubosidade, ademais dun descenso moi notable das temperaturas máximas, mais salientable no leste do territorio. As precipiotacións de momento non chegas pero non tardara moito en chover algo, domingo como moi tarde. Os ventos comezan do oeste para ir xirando o norte e nordés. No mar pouca visibilidade na maña […]