Sábado 3 de outubro

Teremos unha xornada marcada pola circulación de nordés que arrastrara humidade, deixando moitas nubes e incluso algunha chuvieira no leste do territorio e sobre todo en zonas altas. No resto nubes e algunha raiola, sobre todo canto máis o oeste do xeoparque. As temperaturas mínimas continúan subindo e as máximas sen grandes cambios. Ventos moderados con algún refacho forte do nordeste. O domingo continuamos con situación semellante, con algo mais de humidade o nordés, polo que mais chuvieiras e chegando algo mais lonxe.

Moi bo sábado e fin de semana a todxs!