Venres 25 de setembro

Comezaremos con bastantes néboas e nubosidade, ademais dun descenso moi notable das temperaturas máximas, mais salientable no leste do territorio. As precipiotacións de momento non chegas pero non tardara moito en chover algo, domingo como moi tarde. Os ventos comezan do oeste para ir xirando o norte e nordés. No mar pouca visibilidade na maña […]
Xoves 24 de setembro

A situación non muda moito pero si teremos grandes matices. Na zona do oeste (Valdoviño, Moeche, San Sadurniño, gran parte de Cedeira e de Cerdido) irán entrando néboas co paso das horas, sobre todo na tarde-noite, así as temperaturas descenden. Mentres no territorio restante, no lado do leste, as temperaturas soben e as néboas non […]
Mércores 23 de setembro

Toca xornada semellante, aínda que teremos un pouco máis de vento e as temperaturas descenden algo. Teremos algo de néboas no leste e o vento será maioritariamente do sueste no leste do territorio e do nordeste no resto. Non creo que sexan os cambios definitivos os da vindeira semana, pero algo choverá debido a unha […]
Martes 22 de setembro

Continuamos sen grandes cambios, teremos algunha nube mais e as temperaturas descenden algún grado, pouco salientable, seguimos con tempo de verán e o mes vai pasando. Os ventos continúan do nordeste moderados nas zonas altas e costeiras do oeste. Algo de mar a primeiras horas con vento, pero nada destacado. Moi bo martes a todxs!
Luns 21 de setembro

Comezamos semana que promete ser cálida e seca, pode que na vindeira fin de semana chova algo, non se ve gran cousa. Durante o luns teremos unha nova suba de temperaturas con valores realmente altos para as datas, 30ºC no oeste do territorio e 25ºC no leste e zonas mais altas. Os ventos serán do […]
Domingo 20 de setembro

Durante o domingo a situación non muda, soben algo as temperaturas e continuamos con situación moi semellante, así continuaremos gran parte da vindeira semana, nalgunha xornada teremos algo mais de néboa, e tamén algunha con bastante calor, incluso volveremos a superar os 30ºC nalgunha zona do territorio. A situación de seca é extrema e vaise […]
Sábado 19 de setembro

Toca xornada de bastante sol, con algunha nube na mañá pero sin ningunha consecuencia. Toca anticlón para unha tempada e ademais día tras día as temperaturas irán subindo. Os ventos serán do nordeste frouxos, moderados na costa oeste do territorio. No mar continuamos con certa tranquilidade, algo de vento e algo de mar de fondo […]
Venres 18 de setembro

Tralo paso dunha pequena fronte durante a noite, toca unha xornada de mais nubes no leste e coa posibilidade dalgún orballo que remite co paso das horas. As temperaturas mínimas soben e as máximas tenden a descender algo Os ventos serán do nordés frouxos con algo mais de intensidade no mar e na noite. Dende […]
Xoves 17 de setembro

Toca unha xornada de nubes e claros e posibilidade dalgún chuvasco, máis probable a primeiras horas e sobre todo na noite. As temperaturas non terán grandes cambios e os ventos serán do norte/noroeste frouxos. No mar continuamos con tranquilidade. Pensei que mércores chovería algo na tarde e o final…pouco ou nada caeu. Dende venres volve […]
Mércores 16 de setembro

Hoxe toca unha xornada de nubes e claros e algún chuvasco, máis probable e frecuente durante a tarde. O sol tamén se deixará ver e as temperaturas novamente descenden, pero nada que ver co descendo de onte, de luns a martes nalgunhas zonas o descenso foi próximo os 15ºC. Os ventos serán do nordés moderados. […]