Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Domingo 20 de setembro

Durante o domingo a situación non muda, soben algo as temperaturas e continuamos con situación moi semellante, así continuaremos gran parte da vindeira semana, nalgunha xornada teremos algo mais de néboa, e tamén algunha con bastante calor, incluso volveremos a superar os 30ºC nalgunha zona do territorio. A situación de seca é extrema e vaise seguir acentuando no que queda de mes. É certo que superficialmente algo melloramos, debido o pouco que choveu que regou a superficie e ademais as noites son cada vez mais longas, noite despexada sen vento significa un amecer con moito rocío. Os manantiales, fontes, regatos e ríos seguen indo a menos e con niveis moi preocupantes. Agardemos que en outubro regrese a normalidade.

Moi bo domingo a tods!