Toca xornada de nubosidade abundante e algún chuvasco durante a tarde, que incluso pode vir con algo de tronada, será mais probable no leste do territorio. As temperaturas sen grandes cambios pero con tendencia a subir. Os ventos variables collendo compoñente sur a derradeiras horas e aumentando algo de intensidade. Martes toca un día de vento intenso e choivas na tarde-noite, unha fronte activa dunha potente borrasca promete afectarnos.
Moi bo luns e boa semana a todxs!
