Toca un día de bastante vento e choiva, aínda que esta non chega ata ben andada a tarde, iso non quita que choiva algo antes, pero o destacado será o vento. Que tampouco será nada do outro mundo, o normal nunha borrasca outonal. A borrasca que se forma é moi importante, pero o suficiente afastada para que non sexa un temporal de gran importancia. Aínda así sentidiño, os ventos serán fortes e levamos tempo sen ventos fortes do sur, sempre podemos ter problemas e debemos andar con cabeza. No mar tamén empeora notablemente debido o vento que será forte. As temperaturas sen grandes cambios, agás no leste que tenden a subir.
Moi bo martes a todxs!
