Durante o mércores teremos unha entrada de norte, con inestabilidade traducida en chuvascos e fresquiño. Agardo que non sexa como martes, que pensei que chovería e incluso con tronadas e na nosa rexión pouco caeu, de feito fomos das zonas de Galicia mais secas. Os vento serán moderados do norte e no mar teremos algo de vento e visibilidade reducida por mor das precipitacións. Xoves aínda teremos bastante nubosidade e algún chuvasco no leste, pero a situación tende a calma e o resto da semana toca tempo tranquilo con grandes momentos de sol e suba de temperaturas.
Moi bo mércores a todxs!
