Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

O Xeoparque Cabo Ortegal estrea 36 novos paneis informativos en puntos de interese xeolóxico e turístico

O territorio do Xeoparque Cabo Ortegal loce desde a pasada semana 36 novos paneis informativos que incrementan, substitúen e actualizan a sinalización existente. Os indicadores están colocados en lugares estratéxicos de relevancia turística facilmente accesibles; ou dentro do percorrido das rutas, onde as persoas visitantes poderán descubrir máis sobre o patrimonio xeolóxico, histórico e cultural […]

Máis de 900 estudantes visitaron o Xeoparque Cabo Ortegal durante este curso

O Xeoparque Cabo Ortegal é a mellor aula ao aire libre para que escolares de todos os niveis educativos, desde Primaria a Ciclos Formativos, descubran en primeira persoa os conceptos estudados nos libros. Proba disto, durante o curso escolar 2025-2026, foron máis de 900 os alumnos e alumnas que se achegaron a descubrir o territorio […]

A veciñanza de San Sadurniño visita o Xeoparque Montañas do Courel

Seguimos tecendo redes con outros xeoparques e, nesta ocasión, viaxamos ata O Courel para coñecer o noso xeoparque veciño, o Xeoparque Montañas do Courel. A pasada fin de semana organizamos unha excursión na que os vecinos e veciñas de San Sadurniño puideron coñecer o tecido local do xeoparque lucense. A visita comezou na Aldea Paleozoica […]

O Xeoparque Cabo Ortegal súmase á iniciativa da comunidade científica das Ciencias da Terra para a posta en valor da xeoloxía

O 18 de novembro de 2025 unha representación de organismos, asociacións e colexios profesionais da Xeoloxía compareceu ante a Comisión de Ciencia, Innovación e Universidades e a Comisión de Educación, Formación Profesional e Deportes do Congreso dos Deputados para defender a importancia estratéxica da xeoloxía na sociedade e reclamar o seu recoñecemento nas políticas científicas, […]