Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

A veciñanza de San Sadurniño visita o Xeoparque Montañas do Courel

Seguimos tecendo redes con outros xeoparques e, nesta ocasión, viaxamos ata O Courel para coñecer o noso xeoparque veciño, o Xeoparque Montañas do Courel.

A pasada fin de semana organizamos unha excursión na que os vecinos e veciñas de San Sadurniño puideron coñecer o tecido local do xeoparque lucense. A visita comezou na Aldea Paleozoica de Froxán, declarada Ben de Interese Cultural polo seu gran valor etnográfico; e seguiu cos miradoiros de Pena do Teso Grande e Campodola. Despois do xantar, a expedición continuou a súa ruta pola vila de Quiroga, onde pudieron achegarse ao Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana e ao Museo Etnográfico, onde puideron realizar unha cata dos aceites locais.

Conectar xeoparques é unha experiencia enriquecedora para coñecer outras prácticas e descubrir a xestión do territorio noutros lugares.