Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Descubre o Xeoparque Cabo Ortegal

O Xeoparque Cabo Ortegal é un destino para explorar sen présa. Un lugar onde podes camiñar entre paisaxes xeolóxicas excepcionais, contemplar o océano desde impresionantes miradoiros, descubrir vilas mariñeiras, visitar castelos e santuarios ou saborear produtos creados por persoas que manteñen viva a esencia do territorio.

O Xeoparque esténdese polos concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño. Sete concellos unidos por unha paisaxe extraordinaria e por unha forma sostible, auténtica e próxima de entender o turismo.

Novo prazo aberto: reserva xa a túa XeoRuta polo Cabo Ortegal

Percorre os cantís máis antigos de Europa e descubre a xeoloxía, a paisaxe e a cultura do norte de Galicia

Meteoroloxía do Xeoparque

Información meteorolóxica local para axudarche a gozar do
Xeoparque antes de comezar a túa aventura.

location_on

Sitios

Explora entre 113 puntos de interese.