Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Xeorruta do Litoral

Este paseo pola contorna do porto de Cedeira, e grazas ao Concello de Cedeira, lévanos a coñecer lugares cun salientable patrimonio xeolóxico, e mesmo a problemática que sofre a praia da Madalena. A deformación das rochas e a xeomorfoloxía mariña e fluvial serán os temas principais desta ruta. Pero tamén haberá tempo para visitar o […]

Xeorruta dos Aguillóns

Nesta xeorruta, posible grazas á colaboración co Concello de Cariño, coñecerase de primeira man a maior concentración de ecloxitas de todo o planeta. Unhas rochas moi singulares, formadas a moitos quilómetros de profundidade. Pero tamén haberá tempo para descubrir as formacións xeolóxicas que aparecen en San Xiao do Trebo, orixinadas neste caso pola fusión de […]

Xeorruta das Pías

Este percorrido xeolóxico discorre por dúas zonas, na contorna do Castelo de Naraío e na parte alta da Serra do Forgoselo, e é posible grazas á colaboración co Concello de San Sadurniño. Na primeira visitarase o val estrutural do Río Castro onde se pode ollar o contacto de rochas graníticas con antigos sedimentos, agora transformados […]

Xeorruta da Mina Piquito

Esta ruta, en colaboración co Concello de Moeche, permite coñecer un xacemento de cobre que se explotou até finais dos anos 1960 e que hoxe constitúe un dos espeleotemas máis rechamantes do noroeste peninsular. Nas galerías aínda hai restos da actividade mineira -vías, trabes, etc.- pero o que máis destacan son as estalagmitas e estalactitas […]

Xeorruta do Granate

A xeorruta do Granate, posible grazas á colaboración co Concello de Cedeira, discorre por un pequeno sendeiro de pescadores dende o Santuario de Santo André ata a enseada das Cortes, onde se observa unha ampla variedade de rochas moi rechamantes tanto pola súa cor como pola súa textura, así como un salientable número de estruturas […]

Xeorruta do Arsénico

A costa de Meirás está chea de tesouros xeolóxicos: por exemplo, as dunas remontantes a carón do Faro de Punta Frouxeira, ou as rochas subvolcánicas na zona do Porto, onde ademais é posible ollar os vestixos da intensa actividade mineira que tivo lugar nesta zona a comezos do século XX. Nestas minas explotouse un mineral […]

Xeorruta dos Volcáns

Hai máis de 470 millóns de anos en todo o litoral de Loiba había numerosos volcáns, con erupcións moi explosivas e violentas. A día de hoxe aínda se poden apreciar nas rochas esas pegadas deixadas polos volcáns. Do mesmo xeito é posible observar cantos rodados que hai millóns de anos viaxaban en grandes icebergs, cando […]

Xeorruta do Cobre

Nesta ruta xeolóxica, en colaboración co Concello de Moeche e o Concello de Cerdido, visitaranse as principais instalacións das antigas minas de cobre. Unha intensa actividade mineira que rematou arredor do ano 1969. Unha antiga cheminea de calcinación, unha pranta de tratamento químico, as balsas de estériles ou as entulleiras serán os principais puntos de […]