Hai máis de 470 millóns de anos en todo o litoral de Loiba había numerosos volcáns, con erupcións moi explosivas e violentas. A día de hoxe aínda se poden apreciar nas rochas esas pegadas deixadas polos volcáns. Do mesmo xeito é posible observar cantos rodados que hai millóns de anos viaxaban en grandes icebergs, cando esta zona estaba próxima ao Polo Sur. Unha ruta posible grazas á colaboración co Concello de Ortigueira.
O percorrido ten unha dificultade media, polo que é preciso levar un calzado cómodo.
Punto de inicio: Aparcadoiro praia do Picón (Ortigueira) Ver Mapa
Concello: Ortigueira
Precio por persoa: 12 €
Duración: 4 horas
Distancia: 7 Km
Dificultade: Media
Calendario de saídas 2026:
| HORARIO | XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
|---|---|---|---|
| 10:00 a 14:00 | – | 28 | – |
Calendario de saídas 2024:
| HORARIO | XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
|---|---|---|---|
| 10:00 a 14:00 | – | 5 | – |