Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

XeoRuta do Cobre

Nesta ruta xeolóxica, en colaboración co Concello de Moeche e o Concello de Cerdido, visitaranse as principais instalacións das antigas minas de cobre. Unha intensa actividade mineira que rematou arredor do ano 1969. Unha antiga cheminea de calcinación, unha pranta de tratamento químico, as balsas de estériles ou as entulleiras serán os principais puntos de visita polos que discorrerá esta ruta, que ten por objectivo coñecer de primeira man como se traballou nestas minas, qué minerais se obtiveron delas, así coma a xeoloxía dos materiais presentes nesta zona.

O percorrido ten unha dificultade baixa, aínda que é aconsellable levar un calzado cómodo. O desprazamento entre as distintas paradas realizarase en coches particulares.


Punto de inicio: Casa da Cultura (Cerdido)Ver Mapa
Concello: Cerdido
Precio por persoa: 12 €


Duración: 3 horas
Distancia: 2 Km
Dificultade: Baixa

Calendario de saídas 2026:

HORARIOXULLOAGOSTOSETEMBRO
10:00 a 13:00 25

Calendario de saídas 2024:

HORARIOXULLOAGOSTOSETEMBRO
10:00 a 13:00 25