Xeorruta do Interior

Adéntrate no corazón do Xeoparque con esta ruta circular en autocar na que poderás descubrir o maxestuoso Pico Ferreira, a canteira de Penas Albas e os históricos muíños de Loureiro. Descubre a riqueza xeolóxica do interior do Xeoparque Cabo Ortegal e a súa impresionante paisaxe natural. As prazas son limitadas, así que non perdas a […]
Xeorruta da Costa

Embarca nunha viaxe en autocar ao longo da espectacular costa de Loiba, onde descubrirás praias agochadas como a Praia de Fornos e gozarás de vistas panorámicas dende Chao do Monte. Esta ruta circular permitirache coñecer a diversidade xeolóxica e a beleza natural da costa do Xeoparque Cabo Ortegal. As prazas son limitadas, así que non […]
Xeorruta dos Penidos

En colaboración co Concello de Ortigueira, nesta ruta na Serra da Capelada atopamos o maior afloramento de ecloxitas de todo o noso planeta, unhas rochas de récord que se orixinaron a máis de 100 quilómetros de profundidade, onde a presión é moi alta e iso permite que se formen os diamantes. Pero tamén visitarase o […]
Xeorruta das lavas

Nas inmediacións do pobo mariñeiro de Espasante atópase un excepcional conxunto de materiais que foron orixinados por erupcións volcánicas submariñas hai máis de 400 millóns de anos, cando toda esta zona formaba parte do fondo dun antigo océano. Pero tamén poderán ollarse estruturas xeolóxicas que evidencian a alta deformación que sufriron as rochas de esta […]
Xeorruta de Praias Negras

¿Unha praia única en Galicia? Esta ruta xeolóxica, posible grazas á colaboración co Concello de Cedeira, permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta. Pero, sen dúbida, o emprazamento desta praia de Teixidelo -aos pés dos cantís máis altos da Europa continental- fan desta zona […]
Xeorruta dos Cantís

Grazas á colaboración co Concello de Cedeira, nesta ruta contemplaranse unhas impresionantes vistas panorámicas da Serra da Capelada, descubrindo así unha salientable estrutura xeolóxica de máis de 400 m de altitude. Do mesmo xeito poderanse tocar rochas que hai millóns de anos se atopaban a 70 km de profundidade, algo que podemos experimentar aquí en […]
Xeorruta dos Cabos

Grazas á colaboración co Concello de Valdoviño, neste percorrido polo litoral, entre Pantín e Valdoviño, atoparemos salientables estruturas xeolóxicas, como a Falla de Valdoviño (que se estende ata Monforte de Lemos), ou os materiais do chamado Complexo de Cabo Ortegal. É dicir, rochas que formaban parte dun antigo océano e que habitualmente non aparecen na […]
Xeorruta do Toelo

Con esta visita guiada, posible grazas á colaboración co Concello de Moeche, poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións […]
Xeorruta do Limo

Esta ruta polo macizo do Limo, grazas á colaboración co Concello de Cariño, permitirá descubrir formacións rochosas moi singulares, que co paso do tempo adquiren formas sumamente curiosas e rechamantes. Isto unido a que o percorrido discorre polos cantís máis verticais da Serra da Capelada, farán desta visita xeolóxica unha oportunidade única para coñecer esta […]
Xeorruta do Cromo

Nesta ruta, grazas á colaboración co Concello de Cedeira, percorreranse os cantís máis elevados da Europa continental, unha vista privilexiada para contemplar o litoral entre Teixido e a Punta do Cadro. Unha zona que xeolóxicamente destaca pola presenza de rochas moi pouco habituais na superficie do noso planeta. Asociadas a elas foron descubertas acumulacións de […]