Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

O Xeoparque Cabo Ortegal recibe visitas de centros escolares da provincia

O Xeoparque Cabo Ortegal recibiu durante as últimas semanas visitas de escolares procedentes de diferentes centros da provincia da Coruña. O alumnado do Ciclo CS Guía, información e asistencia turísticas do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro; e estudantes da ESO e bacharelato do IES Telleiras, de Narón; o IES Eduardo Pondal, de Ponteceso; e o IES […]

O Proxecto do Xeoparque Cabo Ortegal: Impulsa o teu negocio turístico

A Deputación de A Coruña lanza un proxecto de formación e asesoramento para mellorar a competitividade dixital das empresas turísticas do Xeoparque Cabo Ortegal. A Deputación de A Coruña, a través do Xeoparque Cabo Ortegal, presenta un proxecto innovador enmarcado no Plan de Sostenibilidade Turística en Destino (PSTD), co obxectivo de mellorar a visibilidade dixital […]

Vive unha nova aventura polos camiños de Santo André de Teixido

Esta fin de semana comeza unha nova quenda de actividades nos camiños de Santo André de Teixido. As persoas asistentes poderán mergullarse na natureza, cultura e espiritualidade do Xeoparque nas experiencias que se desenvolverán desde o 24 de outubro ata o 9 de novembro. As actividades son gratuítas, previa inscrición facendo clic aquí. Consulta o […]

Nace a asociación Xeoparques Unesco de España para impulsar accións conxuntas a nivel estatal

Os Xeoparques da Rede Española de Xeoparques UNESCO constituíron formalmente unha asociación co obxectivo de fomentar a cooperación entre estes territorios e promover proxectos conxuntos. A presentación oficial tivo lugar durante as Xornadas Abertas celebradas en Montserrat. A asociación, denominada Geoparques Unesco de España, pretende facilitar a realización de iniciativas comúns, como contratacións compartidas, acceso […]