Novo catálogo de experiencias turísticas no Xeoparque Cabo Ortegal: paisaxes inesquecibles, xeoloxía viva

Novo catálogo de experiencias turísticas no Xeoparque Cabo Ortegal: paisaxes inesquecibles, xeoloxía viva. O Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal dá un novo paso no seu compromiso coa sustentabilidade e coa posta en valor do territorio coa presentación do catálogo de experiencias turísticas: unha ferramenta pensada para facilitar a exploración do noso patrimonio natural, cultural e […]
O Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal lanza a súa programación de XeoRutas para os meses de xullo e agosto

Descubre a xeoloxía única do Xeoparque Cabo Ortegal a través das XeoRutas deste verán O Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal convida un ano máis á cidadanía a descubrir os segredos xeolóxicos do territorio a través das súas Xeorrutas de verán, que se desenvolverán entre os meses de xullo e agosto nos sete concellos que conforman […]
Os puntos de información turística do Xeoparque Cabo Ortegal abren as súas portas este verán

O Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal pon en marcha un verán máis a súa rede de puntos de atención turística, repartidos polos distintos concellos que forman parte do territorio. Estes espazos ofrecen información sobre xeosites, rutas, actividades culturais, visitas guiadas, gastronomía e outros recursos que permiten coñecer a fondo a riqueza natural e patrimonial do […]
O Xeoparque Cabo Ortegal pecha cun encontro institucional a súa IX Semana dos Xeoparques Europeos

O Xeoparque Mundial Cabo Ortegal puxo este mércores o ramo á súa IX Semana dos Xeoparques Europeos cun encontro de avaliación celebrado no Concello de Cerdido, actual sede da presidencia da Asociación para a Xestión do Xeoparque. Na reunión participaron representantes dos sete municipios que forman parte do territorio -Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San […]
Anuncio resultado definitivo da valoración de méritos e data de examen para a cobertura dunha praza de xerente da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

Publicado na sede electrónica o resultado definitivo da valoración de méritos e data do examen correspondente ó proceso para a cobertura do posto de Xerente da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal Pódese consultar o anuncio completo na seguinte ligazón: https://sede.cedeira.gal/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250603150000300.html
Anuncio resultado definitivo da valoración de méritos e data de examen para a cobertura dunha praza de xeólogo/a da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

Publicado na sede electrónica o resultado definitivo da valoración de méritos e data do examen correspondente á segunda fase do proceso para a cobertura do posto de Xeólogo/a da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal Pódese consultar o anuncio completo na seguinte ligazón: https://sede.cedeira.gal/sxc/es/informacion/tablon/2025/ANUNCIO_PROG_20250528140000214.html
O Xeoparque Cabo Ortegal celebra a IX Semana dos Xeoparques Europeos cunha intensa programación de actividades gratuítas

O Xeoparque Cabo Ortegal está de aniversario. Cúmprense dous anos desde o recoñecemento oficial como Xeoparque Mundial da UNESCO, un fito que converteu este territorio no segundo Xeoparque galego e no único da Península Ibérica en acadar esta distinción no ano 2023. Para celebralo, e coincidindo coa IX Semana dos Xeoparques Europeos, a Asociación para […]