Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Comité de Sostibilidade Turística: que é e como funciona

Hai uns días demos a coñecer a creación dun novo órgano chave para a gobernanza turística do xeoparque: o Comité de Sustentabilidade Turística. Este comité nace co obxectivo de reforzar un modelo de turismo responsable, equilibrado e aliñado cos valores do territorio. O Comité de Seguimento da Sostibilidade turística e desenvolvemento local é un instrumento […]

A Xunta Directiva da Asociación para a Xestión do Xeoparque Cabo Ortegal aproba a creación do Comité de Sostibilidade Turística

A Xunta Directiva da Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal aprobou, na súa última reunión, o regulamento do Comité de Seguimento da Sostibilidade Turística e do Desenvolvemento Local do Xeoparque Cabo Ortegal. O acto contou coa participación do vicepresidente da Deputación provincial, as alcaldesas e alcaldes dos sete concellos integrados no Xeoparque, […]

O Xeoparque Cabo Ortegal recibiu a máis de 300 escolares no primeiro trimestre do curso

O Xeoparque Cabo Ortegal foi, nestes últimos meses do ano, o escenario elixido por moitos centros escolares para realizar saídas divulgativas co alumnado. Un total de 323 persoas, procedentes de diferentes entidades educativas e niveis de ensinanza, visitaron o espazo xeolóxico de Ortegal para coñecer as peculiaridades da paisaxe de man do xeólogo e director […]

O Xeoparque Cabo Ortegal conta con 22 novos guías especializados no territorio

A Casa da Cultura de Valdoviño foi esta mañá o escenario da entrega de diplomas para os alumnos e alumnas que completaron a formación en guía-intérprete do Xeoparque Cabo Ortegal. O acto contou coa participación do alcalde de Valdoviño, Alberto González, e a Deputada de Plans Provinciais e asistencia a municipios, Cristina García. O noso […]

Nace a marca KB0 Ortegal para produtos agroalimentarios e do mar do territorio

A Nave do Mercado de Moeche acolleu a presentación de KB0 Ortegal, a nova marca de produtos agroalimentarios e do mar do Xeoparque Cabo Ortegal. Esta iniciativa, enmarcada dentro do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, nace para reforzar a identidade do territorio e destacar o enorme valor a súa materia prima e tradición culinaria. A […]

O Xeoparque Cabo Ortegal súmase á iniciativa da comunidade científica das Ciencias da Terra para a posta en valor da xeoloxía

O 18 de novembro de 2025 unha representación de organismos, asociacións e colexios profesionais da Xeoloxía compareceu ante a Comisión de Ciencia, Innovación e Universidades e a Comisión de Educación, Formación Profesional e Deportes do Congreso dos Deputados para defender a importancia estratéxica da xeoloxía na sociedade e reclamar o seu recoñecemento nas políticas científicas, […]