O Xeoparque Cabo Ortegal conquista ao Clube UNESCO Cidade do Porto

O Clube UNESCO Cidade do Porto atopou no Xeoparque Cabo Ortegal o destino ideal para pasar a fin de semana pasada. O grupo estaba conformado por 37 persoas, todas elas especialistas en diferentes eidos como a mediciña ou o dereito, con grande relevancia en Portugal. O obxectivo do Clube é a realización de viaxes arredor […]
O Xeoparque Cabo Ortegal entrega as acreditacións ás súas primeiras empresas turísticas colaboradoras

Esta mañá celebrouse no Auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño o acto de entrega das primeiras acreditacións ás empresas participantes no Plan de mellora e acreditación de empresas turísticas do Xeoparque Cabo Ortegal. Este plan establece un sistema de adhesión voluntaria dirixido a empresas con actividade turística, que deben cumprir requisitos relacionados coa calidade […]
O Xeoparque Cabo Ortegal despide unha Semana Santa chea de experiencias turísticas

O Xeoparque Cabo Ortegal pecha unha Semana Santa cargada de experiencias de turismo activo. Durante algo máis dunha semana, o territorio ofertou actividades variadas indicadas para todos os públicos e a prezos reducidos coa finalidade de atraer novos visitantes. A ocupación total foi dun 61,29 %, destacando especialmente a participación entre o xoves e o […]
O Xeoparque Cabo Ortegal pon en marcha o proceso de adhesión de empresas e produtores da zona á marca agroalimentaria KB0 Ortegal

O Xeoparque Cabo Ortegal vén de iniciar o proceso de adhesión á marca agroalimentaria KB0 Ortegal, que busca visibilizar os produtos da zona e xerar novas oportunidades que contribúan a fomentar a actividade económica do territorio e á xeración de emprego. Os requisitos para sumarse a este selo identificativo déronse a coñecer nunha xornada á […]
O Xeoparque Cabo Ortegal convértese no paraíso do turismo activo esta Semana Santa

O Xeoparque Cabo Ortegal contará esta Semana Santa cun amplo catálogo de actividades de turismo activo. A proposta comeza este sábado, 28 de marzo, e desenvolverase durante un total de nove días ata o próximo domingo, 5 de abril. As actividades están adaptadas a todo tipo de públicos, sempre respectando os valores de sostibilidade e […]
A Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia pon o foco no Xeoparque Cabo Ortegal como destino de excelencia

O Xeoparque Cabo Ortegal recibiu esta semana a visita da Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia. O interese amosado polo grupo de profesionais do turismo pon de relevo a importancia deste territorio e o seu alto valor para o turismo sostible. O xeólogo e director científico do xeoparque, Fran Canosa, foi o […]
O Xeoparque Cabo Ortegal recibe ao alumnado gañador da Olimpíada de Xeoloxía

O alumnado de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros visitou onte o Xeoparque Cabo Ortegal. Logo de ser os vencedores da fase galega da XVII Olimpíada de Xeoloxía, celebrada o pasado 4 de febreiro, os mozos e mozas deste instituto de Santa Cruz de Oleiros achegáronse a coñecer o territorio de primeira man. A visita […]
Máis de 70 escolares achéganse ao territorio do Xeoparque Cabo Ortegal na XVII Olimpíada de Xeoloxía

O Xeoparque Cabo Ortegal converteuse, por terceiro ano consecutivo, nunha das sedes da fase galega da XVII Olimpíada de Xeoloxía. A actividade está convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos. Trátase dunha proba que reúne a máis de […]
Comeza o proceso de adhesión de empresas turísticas ao Xeoparque Cabo Ortegal

O Teatro da Beneficencia de Ortigueira acolleu onte o acto de lanzamento do Plan de mellora e acreditación de empresas turísticas do Xeoparque Cabo Ortegal. O acto contou coa participación da deputada de Plans Provinciais, Cristina García Rey, o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, a concelleira de Turismo de Ortigueira, Joaquina Piñeiro, o xerente da […]
O Xeoparque Cabo Ortegal posiciónase en FITUR como o xeodestino turístico sostible de referencia no noroeste peninsular

O Xeoparque Cabo Ortegal participa durante esta semana en FITUR, o maior escaparate turístico global, para reivindicar a xeoloxía, cultura e tradición desta terra. Dentro do programa da Red de Geoparques Españoles UNESCO, o xeoparque presentou esta tarde a Guía da Paisaxe, na que se pon en valor o territorio a través de 28 puntos […]