Logotipo de Xeoparque cabo ortegal

Imaxe corporativa

O Xeoparque Cabo Ortegal representa unha alianza de valores xeolóxicos, naturais, culturais e institucionais recoñecidos internacionalmente. Co obxectivo de acadar unha comunicación sólida, eficiente e profesional en todos os ámbitos, os seguintes manuais articulan un marco de aplicación único que integra a identidade visual e o plan de difusión da marca do Xeoparque.

Se es un concello, entidade colaboradora ou empresa adherida, o cumprimento estrito dos criterios normativos aquí recollidos é fundamental para unificar mensaxes, garantir a coherencia pública e fortalecer o recoñecemento do destino.