Nesta xeorruta, posible grazas á colaboración co Concello de Cariño, coñecerase de primeira man a maior concentración de ecloxitas de todo o planeta. Unhas rochas moi singulares, formadas a moitos quilómetros de profundidade. Pero tamén haberá tempo para descubrir as formacións xeolóxicas que aparecen en San Xiao do Trebo, orixinadas neste caso pola fusión de outras rochas.
O percorrido consta de 3 paradas, o desprazamento entre elas realizarase en coches particulares. O percorrido ten unha dificultade media, debido a presenza de tramos con certa pendente, polo que é preciso levar un calzado cómodo e axeitado para ese tipo de terreos.
Punto de inicio: Casa do Concello
Concello: Cariño
Precio por persoa: 10 €
Duración: 4 horas
Distancia: 2 Km
Dificultade: Media
Calendario de saídas 2023:
XULLO | AGOSTO | SETEMBRO |
---|---|---|
16 e 23 | 12 e 23 | 09 (cancelada) |